43 poemas
(Leça da Palmeira, Venade y Torre da Medronheira, 2018-2020)
Vaso Roto Ediciones, Madrid, Ciudad de México,
2026
traducción de José Ángel Cilleruelo
dirección literaria de Jeannette Lozano y María
Fuentes
§
VICENTE ARAGUAS, La Revista, 24.7.26
Cando o mundo móvese
EN “MOVIMIENTO”, CADA DÍA DA SEMANA CONVÉRTESE NUN ESPAZO POÉTICO GUIADO POLA SIMBOLOXÍA DE DEUSES E PLANETAS QUE REVELAN DISTINTAS FORZAS DA EXPERIENCIA HUMANA: O PASO DO TEMPO, A FE, A MELANCOLÍA, A IRA, A LINGUAXE, A XUSTIZA E O AMOR.
«Barreto Guimarães é un poeta (e médico, traductor, dramaturgo) do melloriño dun momento poético, o portugués, non nada rexeitable.
Como tal Barreto ten sido traducido ao español en máis dunha ocasión. Consecuencia dunha delas, tamén con Vaso Roto, da que fun presentador en Madrid, trabei coñecemento directo deste home, tam xentil como adoitan ser moitos portugueses; non direi que todos mais un número moi considerable deles.
Agora volve Barreto Guimarães a Vaso Roto, cun libro de poemas en edicion bilingüe, e tradución de José Ángel Cilleruelo, tradución, talvez, liñal de máis, mesmo para verquer un “andar a hostias”, en español rotundo de máis ou “payaso rico… payaso pobre” (en puridade, entre nós, o augusto (ou o tonto) e o cara branca (ou o pallaso).
Un libro, este, de viaxes (tamén) pero non escrito “in situ”, lástima fora, senón a partir dun proceso de reelaboración, que neste autor semella un sentir moi reflexivo combinado con feitos estéticos abondo importantes. Quero dicir que estamos diante dun autor, quen de se mover nun movemento perpetuo de raíz cultural (que non culturalista) mais empregando a historia ou que fica dela cal se fose finalidade, e non medio. Por aí os disparos dun poeta (nado en Porto en 1967) que vai e vén desde uns lugares que son “fantásticos”.
Lugares ou localidades, senso amplo, onde “ver-se ao detalhe o verdugo a soluçar”. O único que aínda “Esperaramos bastante tempo para ver a história a ser reescrita”. No interín, moito me temo, os verdugos seguen negándose a saloucar, sendo o seu un mester absolutamente entre frío e fríxido.
Ben que haxa poetas, como João Luís Barreto Guimarães, a combinar ética e estética, escribindo (tamén, de novo) poemas cal o titulado “Haiku deixado no pára-brisas de um carro”: Entre tu e ela / prefiro a segunda / pessoa do singular.” Un auténtico enredo, que me lembra os “Xoguetes para un tempo prohibido” do escritor ourensán Carlos Casares, a quen tanto botamos de menos e que tanto tería gozado coa poética de Barreto.
Seino. Directamente en portugués. Aínda que neste caso haxa a posibilidade de desfrútalo, igualmente, en lingua intermedia. Dun libro que vira a luz primeira en 2020, Quetzal Editores (Lisboa).»
§
DIEGO DONCEL, ABC Cultural, 28.5.26
Poesia
que deja huella
«Un
descubrimiento importante para el lector español es el que lleva a cabo José
Ángel Cilleruelo (nuestro mejor lusista) al traducir y presentar 'Movimiento' (Vaso Roto), de João Luís
Barreto Guimarães, donde los días de la
semana están asociados a un dios, y donde la reflexión sobre el tiempo, las
catástrofes biográficas y un muy agudo modo de escribir sobre la realidad hacen
de este volumen toda una delicia y un acontecimiento.»
§
